Escoitar

Programación de Xuventude na SalaA!

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, en colaboración coa SalaA! pon en funcionamento unha nova programación dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos no Espazo de Ocio Alternativo "Sala Ábrete"

venres, 3 nov 2006
Así pois, todos os sábados e domingos, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 18:00 a 21:30 horas, celebrarase unha sesión disco light que contará con audiovisual sessions, música dance, reggaeton e a máxima actualidade. Tamén se sortearán entradas para o concerto de Pignoise, que terá lugar o día 25 de novembro.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806 www.xuventudevigo.org