13 persoas realizarán prácticas de inserción laboral do Proxecto Actívate
Colexios, residencias de maiores e caterings especializados acollerán nos próximos meses a 13 alumnas en prácticas do itinerario de inserción laboral de "axudante de cociña en centros escolares e sociosanitarios" do Proxecto Actívate, segundo o convenio asinado hoxe entre a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares e as empresas que participan.
O Proxecto Actívate é unha iniciativa da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, integrada no Plan municipal de emprego 2004-2007, e subvencionada polo Ministerio de Administracións Públicas no marco do Programa Operativo de Fomento de Emprego a través da Subvención Global do Fondo Social Europeo.
ACTÍVATE está a dirixir as súas accións a favorecer a mellora da ocupabilidade de 90 demandantes de emprego do municipio de Vigo, prioritariamente mulleres con dificultades de inserción laboral e colectivos en situación ou risco de exclusión social, mediante a súa capacitación profesional, en 6 itinerarios de inserción laboral para 15 persoas cada un deles, 3 dos cuales centran a súa capacitación profesional no sector dos servizos de atención a persoas .
Estos itinerarios prevén, ademais de módulos de formación específica e complementaria, módulos de práctica laboral, titorizada, co obxectivo de que as persoas beneficiarias completen o proceso formativo cun contacto real co ambiente de traballo en entidades ou empresas relacionadas cos ámbitos de formación aos que se refiren estos itinerarios.
Polo tanto, unha das cuestións que o proxecto prioriza é o compromiso de participación de empresas e entidades de Vigo e o seu contorno cara a posta en marcha destes módulos de práctica laboral nos diferentes itinerarios, a través da sinatura de acordos ou convenios de colaboración.
Para o itinerario de inserción laboral de "AXUDANTE DE COCIÑA EN CENTROS ESCOLARES E SOCIOSANITARIOS" as empresas coas que se chegaron aos referidos acordos son o Colexio de Educación Especial Menela da Fundación Menela, Colexio Divino Salvador, Colexio Compañía de María (Enseñanza); Residencia Alvi-Beade e Centro de Atención a persoas maiores Doralresidencias e
Pazo Torres de Agrelo S.L. que xestiona a cociña do Colexio Marcote.
Nestos centros, as 13 participantes que veñen de realizar un periodo de formación teorico-práctico como axudantes de cociña, ademáis de formación específica en dietética e nutrición, van a desenvolver cada unha delas 190 horas de prácticas laborais nun ambiente real de traballo durante os meses de novembro, decembro e xaneiro.
Cabe destacar que este grupo de formación se conforma coa idea de integrar nel a demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado laboral. Proba disto é que dende xullo, mes de inicio deste itinerario, están a participar dúas persoas con discapacidade sensorial aos que se lle está a proporcionar durante todo o proceso un interprete na linguaxe de signos español.
Ademáis do itinerario de inserción laboral de "axudante de cociña en centros escolares e sociosanitarios", o Proxecto Actívate rematou xa o de "experto/a en limpeza", está a desenvolver os de "teleoperador/a", "monitor/a-condutor/a de transporte escolar e adaptado" e "auxiliar de axuda a domicilio" tendo previsto iniciar en xaneiro do anoque ven o itinerario de inserción laboral de "lavandería, lencería e pasado de ferro".