Marta Iglesias visita unha clase para maiores na Escola Municipal de Danza
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, visitou hoxe mércores unha das clases de danza tradicional para persoas maiores que se están a impartir na Escola Municipal de Danza dentro do programa "Avellentamento saudable".
Estes talleres comezaron hai oito anos, impulsados pola daquela concelleira de Benestar Social e hoxe alcaldesa, Corina Porro. Dos oito alumnos con que contaban os talleres entón pasouse aos 23 actuais, dos que 20 son mulleres e tres son homes.
As idades dos participantes van dos 62 anos da persoa máis nova aos 82 da máis veterana, unha muller que leva cinco anos no grupo e baila con marcapasos. Os alumnos e alumnas demandaron esta actividade porque lles gusta e porque anteriormente non tiveran a oportunidade de aprender bailes tradicionais galegos e percusión.
As clases de danza tradicional impártense os luns e mércores de 11:00 a 12:00, e as de percusión tradicional, de 12:00 a 13:00. Desde a Concellaría de Benestar Social saliéntase que os alumnos e alumnas non faltan nunca ás clases, o que demostra a súa ilusión por aprender.
Os alumnos e alumnas, que acuden con instrumentos da súa propiedade, participan en eventos da Concellaría de Benestar Social e no festival de fin de curso que se celebra todos os anos en xuño na praza do Rei.
Descargar todas as imaxes