Escoitar

Corina Porro recibe a representantes da Asociación de Veciños de Beade

A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe martes no Concello un encontro con representantes da Asociación de Veciños de Beade, que lle presentaron demandas relativas ao alumeado e ao abastecemento de auga de varios lugares da parroquia.

martes, 25 abr 2006
1145971431beade250406.jpg
Acudiron á reunión o presidente da Asociación de Veciños, Benjamín González, o vicepresidente, Manuel Doval, e o segundo vicepresidente, Fernando Alonso. As súas peticións á alcaldesa centráronse na instalación de alumeado público na estrada da Coutada, a posta en servizo dos depósitos de auga de Presas e a humanización dos viais contiguos ao Parque Tecnolóxico de Beade. Ademais, os representantes veciñais expresaron o seu desexo de que o Concello axilice a entrega do importe das subvencións que xa lle concedeu á Asociación.
Descargar todas as imaxes