Escoitar

O Concello e Federación Olívica de ANPAS colaboran na mellora da calidade da ensinanza

O Concello aportará mais de 200.000 euros á Federación Olívica de ANPAS de Vigo e Comarca, para que esta faga fronte á xestión dos comedores escolares, actividades extraescolares, formación de ANPAS e aos gastos de xestión da propia Federación.

martes, 25 abr 2006
1145973016comedores.jpg
O concelleiro de Educación, Ignacio López Chaves e o presidente de FOANPA, Julio Melero Fernández, asinaron esta mañá o convenio que materializa a colaboración entre as dúas institucións. Segundo este acordo, o Concello comprométese a pagar á FOANPA máis de 200.000 euros para que esta poida facer fronte á xestión dos comedores, actividades extraescolares, á formación de ANPAS e aos gastos de xestión propios da Federación.

Pola súa banda, a FOANPA comprométese a colaborar co Concello e cos órganos creados por este para o desenvolvemento da súa política educativa. Así mesmo, a FOANPA e o Concellería de Educación manterán reunións periódicas a fin de posibilitar un coñecemento máis global da política que está a desenvolver o Concello en materia educativa e das inquedanzas e propostas das nais e dos pais.

Ademais, o Concello porá á disposición da FOANPA un local no Instituto Municipal de Educación (rúa camiño do Chouzo, 2) que lle permita un axeitado desenvolvemento das súas funcións e a realización das tarefas propias da Federación. O Concello informará anualmente á FOANPA das contías e conceptos asignados ao programa de autoxestión para o mantemento dos centros de ensino público de Vigo.
Descargar todas as imaxes