venres, 2 set 2022
“Sempre imos estar ao carón e apoiando á xente que axuda á xente”, sinalou Caballero, logo de reunirse este venres con Tensi González, presidenta da Asociación Freijeiro de Axuda ao Necesitado
venres, 26 ago 2022
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación da contratación dos servizos do Programa Socio-educativo e de apoio familiar por un importe de 2.515.000 euros por un período de tres anos. “Estamos moi orgullosos de dedicar estas cantidades”, apunta Abel Caballero.
mércores, 24 ago 2022
Abel Caballero montouse hoxe a bordo do autobús turístico, no que saudou os participantes deste programa municipal que recorreu as diferentes rúas da cidade.
martes, 23 ago 2022
O rexedor realizou balance da actividade do albergue municipal durante o mes de xullo, dando a coñecer datos do comedor social, o Equipo de Rúa, o servizo de hixiene e lavandería.
luns, 22 ago 2022
A área de Política Social ten en marcha no período estival diferentes propostas para os maiores: Divírtete no verán, as actividades interxeracionais nas prazas da cidade e o programa de avellentamento activo.
venres, 5 ago 2022
Abel Caballero informou en rolda de prensa da adxudicación logo da valoración da Comisión que tivo en conta as necesidades e urxencia das familias.
xoves, 4 ago 2022
Abel Caballero visitou esta mañá unha das expedicións que recorrerá a ría a bordo do Nautilus. O Concello oferta 1150 prazas, de balde, en diferentes saídas os xoves, venres e sábados durante o período de verán. O rexedor anima a participar para "poder desfrutar do fondo da ría como se estivésemos dentro dun tubo de cristal"
xoves, 4 ago 2022
Este mediodía realizouse o tradicional acto de recepción que ofrece o alcalde, Abel Caballero, ás familias viguesas acolledoras e aos 72 nenos e nenas saharauís que pasarán o verán na cidade.
mércores, 3 ago 2022
O alcalde informou este mércores que, ante a elevada demanda, póñense a disposición 600 prazas máis para que as persoas maiores participen nesta actividade. Na primeira convocatoria completáronse as 1900 prazas ofertadas.
xoves, 28 xul 2022
O alcalde sinalou que con este convenio se realizarán tarefas de mantemento do comedor e reparto de alimentos. Tamén se aprobou a prórroga do contrato de servizos de CEDRO.