Escoitar

O Concello prorroga o contrato do Servizo de Axuda no Fogar que atende a 1.300 dependentes

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou hoxe a segunda e última prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar, de decembro do 2024 a novembro de 2025, por un importe de 10.574.116 euros. A Atención á dependencia “é o servizo que se presta con maior orzamento en toda a área da política social”, lembrou este venres o alcalde.

venres, 7 xuñ 2024

Abel Caballero apuntou hoxe que os 10,5 millóns do contrato para o servizo de Axuda no Fogar, de decembro de 2024 a novembro de 2025, dá resposta desde o Concello ás necesidades das persoas con dependencia, fundamentalmente mulleres, xa que o 80 por cento das atencións son requiridas por éstas.

O alcalde lembrou que o ano pasado 1.300 persoas con dependencias foron atendidas polos 564 traballadores do servizo municipal, que prestaron máis de 600.000 horas de atención e de axuda.

O rexedor incidiu en que “isto é unha mostra da Política Social que se fai en Vigo: 10,5 millóns de euros en atención á dependencia, fundamentalmente a mulleres maiores que necesitan imperiosamente desta atención”.

Descargar todas as imaxes