Escoitar

O goberno municipal dedica 70.000 euros ao festival Conexions Vigo da Fundación Mayeusis

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a subvención nominativa á Fundación Mayeusis para a organización do programa que prevé 34 concertos en espazos naturais da cidade.

venres, 7 xuñ 2024
Un dos concertos do programa celebrado a pasada fin de semana no Castro
Un dos concertos do programa celebrado a pasada fin de semana no Castro

O alcalde puxo en valor este convenio e explicou que desde o goberno municipal “seguimos facendo música e cultura na cidade” a través do convenio coa Fundación Mayeusis para financiar o programa “Conexions Vigo 2024” que ten un importe de 70.000 euros.

O festival desenvolve un programa con 34 concertos en diferentes formatos (cámara, grupo e big band) e ofrece tres tipos de programación musical: clásico, folk-tradicional e jazz chegando a máis de 25 espazos abertos da cidade.

Club Montañeiros Celtas

A Xunta de Goberno Local de luz verde tamén á subvención ao Club Montañeiros Celtas para financiar a V Mostra de Cinema de Montaña e Aventura 2024, que organizaron en febreiro deste ano, por un importe de 4.000 euros.

Para o rexedor, os Montañeiros Celtas son “unha institución en toda Galicia, nacida en Vigo, e un referente desde que eu era neno”. Veñen de cumprir 75 anos de actividade promovendo o deporte de montaña en todas as súas modalidades.

Descargar todas as imaxes