Escoitar

O 010 incorpora un servizo de vídeo interpretación en lingua de signos

As persoas xordas poden comunicarse desde hoxe co 010 a través da vídeo interpretación en lingua de signos. Tal e como probaron esta mañá, o acceso será por medio dunha plataforma online denominada SVisual.

mércores, 15 mai 2024

O alcalde participou esta mañá na presentación dun servizo de vídeo interpretación en lingua de signos que permitirá as persoas xordas contactar co teléfono de información 010. Farano por medio dunha plataforma online denominada SVisual na que disporán dun intérprete en Lingua de Signos Española (LSE) en remoto para traducir a conversación entre ambas partes, persoas xorda e persoal do 010.

O acceso á plataforma poderá realizarse online desde a web do Concello e tamén a través dun dispositivo nas dependencias do 010. Tal e como explicou o rexedor, a interpretación en LSE realizarana profesionais da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Abel Caballero e máis os presidentes das asociacións de xordos de Galicia e de Vigo, Iker Sertucha e María Leonor Ruíz, respectivamente, participaron esta mañá no Concello na presentación desta nova prestación do servizo de información cidadá.

Descargar todas as imaxes