Escoitar

O Día do Patín congregará a 1500 participantes nas Travesas

O vindeiro venres, 17 de maio, coincidindo co día das Letras Galegas, celébrase na pista central do pavillón o Día do Patín, un evento no que se exhibirá o bo facer das patinadoras e patinadores da cidade.

mércores, 15 mai 2024
Foto de arquivo do alcalde na clausura da escola deportiva municipal de patinaxe
Foto de arquivo do alcalde na clausura da escola deportiva municipal de patinaxe

“Todo Vigo está convidado a gozar da gran festa do patín”, sinalou o alcalde este mércores ao dar conta da celebración dunha nova edición do Día do Patín, entre venres 17 de maio.

Organizado polo Concello coa colaboración do Club Patín Vagalume desenvolverase desde as 9 da mañá e ata as 21:30 horas da noite na pista central do pavillón das Travesas. Será unha festa deportiva da patinaxe artística que contará con 1.500 participantes dos diferentes clubs da cidade e da escola deportiva municipal de patinaxe que amosarán o bo facer das súas patinadoras e patinadores con exhibicións ao longo de todo o día.

Descargar todas as imaxes