luns, 13 mai 2024
O pleno da Corporación Municipal de Vigo celebrou este luns a sesión protocolaria do sorteo para formar as 372 mesas dos 80 colexios electorais conformados en Vigo con motivo das eleccións europeas do próximo 9 de xuño. O censo electoral ascende a 236.826 persoas.
luns, 13 mai 2024
O alcalde saudou aos participantes do seminario "Xeodisea Cíes: unha nova mirada" co que se proporcionou unha comprensión profunda da xeoloxía única do arquipélago vigués a través das presentacións detalladas por expertos recoñecidos. Esta formación forma parte das actividades que o Concello está a desenvolver na candidatura de Illas Cíes Xeoparque Mundial da UNESCO.
luns, 13 mai 2024
O alcalde indicou que “será un gran espazo de xogo para nenos e nenas”. Terá lugar o venres 17, sábado 18 e domingo 19 de maio.
luns, 13 mai 2024
O Auditorio Municipal acollerá o xoves 16 de maio “Lingua guapa”, un espectáculo froito da colaboración das escolas municipais de Música e de Teatro que se representará ás 20,00 h. O acceso é gratuíto previa invitación, tal e como explicou hoxe o rexedor.
luns, 13 mai 2024
O alcalde recibiu as xogadoras e corpo técnico do AD Balonmano Carballal que ascenderon á División de Honra Ouro Feminina. Caballero louvou ao club e manifestou que as súas vitorias son un afago para toda a cidade.
luns, 13 mai 2024
Abel Caballero destacou este luns que o Concello mantén un convenio coa Diocese de Tui-Vigo, dotado con 200.000 euros anuais, para restaurar o patrimonio histórico e cultural da cidade e para dalo a coñecer entre a cidadanía.
luns, 13 mai 2024
O acendido das luces das casetas da Feira será este xoves, 16 de maio, a partir das 21:00 horas no Berbés, que será “a partir de agora” o emprazamento da celebración, tal e como apuntou Abel Caballero.
luns, 13 mai 2024
As rúas chave onde se desenvolveu en 1809 a Reconquista de Vigo foron percorridas este luns polos 50 alumnos do Colexio Monterrey que participan na actividade municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024". Os estudantes foron recibidos no Concello polo alcalde Abel Caballero, quen lles animou a mellorar o coñecemento da historia e a participar activamente no roteiro histórico que seguiron os vigueses do século XIX para recuperar á cidade do dominio das tropas francesas. O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5ª e 6ª de Primaria.