Escoitar

O TAC! debate sobre o deseño dunha cidade accesible e inclusiva

O Festival de Arquitectura Urbana, que se desenvolve en Vigo ata o vindeiro 14 de xullo, acolle este martes unha mesa redonda interxeracional baixo o lema “Deseñando o futuro xuntos”.

martes, 25 xuñ 2024
Cartel da mesa redonda
Cartel da mesa redonda

No debate que se celebra na Porta do Sol, e está aberto á cidadanía, participan entidades como DISCAMINO, ABERTAL, PEQUES AZULES e a Asociación de Veciños da Miñoca.

Organizado polo Concello, desde a área de Benestar Social, o diálogo xirará arredor da cidade do presente e do futuro que demandan as persoas maiores, a mocidade e as persoas con necesidades especiais ou con discapacidade física.

Descargar todas as imaxes