Escoitar

A Praza do Berbés inicia a súa transformación no macroparque da Reconquista de Vigo

O grupo municipal socialista pon en marcha o proxecto que converterá á Praza do Berbés nun macroparque da Reconquista de Vigo, un espazo “máis amable” para o uso da cidadanía tras aprobar, coa aprobación no pleno celebrado este luns do cambio de uso da parcela da pista polideportiva que pasará a ser un gran parque para o xogo e o lecer infantil. A proposta contou co voto en contra dos tres edís do BNG e a abstención dos 5 concelleiros do PP.

luns, 24 xuñ 2024

A Praza do Berbés rexistrará nun prazo “breve” de tempo unha importante transformación coa construción dunha nova área de xogo infantil, un macroparque da Reconquista, tras o voto do grupo municipal socialista a favor do proxecto de cambio do uso da parcela que agora acolle a pista polideportiva. Deste xeito, o Goberno local responde ás demandas dos veciños do Casco Vello que inciden na “necesidade” do cambio de uso da parcela de titularidade pública.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, lembrou este luns aos edís do PP e do BNG que a proposta conta con todos os informes favorables que son necesarios para acometer o cambio da Praza do Berbés, incluído o da Autoridade Portuaria de Vigo. “Vai actuar de forma inmediata porque rehabilitar este espazo é unha necesidade”, recalcou a responsable de Urbanismo.

María Xosé Caride avanzou que se trata da “primeira peza da nova restructuración de todo a contorna do Berbés e da praza para transformala nun espazo moito máis amable para a cidadanía”.

A edil incidiu en que se trata “dunha actuación que vai en beneficio de todos” coa que o goberno municipal “busca a mellora dos estándares da calidade de vida de todos os veciños do Casco Vello e de Vigo, pensando nos máis pequenos e reforzando a imagenen que xa ten A Reconquista”.

Descargar todas as imaxes