Aprobada a urbanización Montana, en Alcabre, cun espazo verde de 5.000 metros e 43 viviendas unifamiliares
A Corporación municipal de Vigo aprobou hoxe, cos votos a favor dos edís do PSOE e do PP, o Plan de Reforma Interior do SU UA3 Montana, en Alcabre, que supón desenvolver un ámbito de 19.000 metros cadrados, no que se xerará un espazo verde de 5.000 metros e se construirá un total de 43 vivendas unifamiliares. A concelleira de Urbanismo explicou no pleno deste luns que o desenvolvemento do PERI conta con todos os informes favorables, tanto da Xunta, como de Costas e Transportes e Mobilidade, Axenda Urbana, entre outros.
A responsable municipal de Urbanismo, María Xosé Caride, detallou hoxe á Corporación municipal que o obxectivo do PERI Montana, en Alcabre, é “xerar uns novos espazos verdes na fronte da Avenida Atlántida, xa que ocuparán unha superficie de máis de 5.000 metros cadrados, achegarán unha parcela de 700 metros para equipamentos públicos e xerarán preto de 4.000 metros de novos viarios”, ademais das 43 vivendas unifamiliares e 20 prazas de aparcamento a construír.
Caride recalcou que do total do uso lucrativo para constuir casa unifamiliares, o 30 por cento será para vivendas sometidas a algún réxime de protección.
A concelleira de Urbanismo incidiu en que o aproveitamento para construír vivendas atópase “moi por debaixo dos niveis que permitía a lei, xa que se o máximo era de 0,5 m por metro cadrado, neste caso é de 0,33, ao tempo que sinalou que todos os dos equipamientos atópanse moi por encima das esixencias do plan vixente”.
Maioritario uso público
“Destes máis de 19.000 metros cadrados do ámbito, máis do 50 por cento será de uso público, tanto en zonas verdes como en equipamento público ou en viario”, remarcou Caride.
María Xosé Caride afirmou que todos os veciños, especialmente os de Alcabre, contarán cunha nova zona verde de 5.000 metros cadrados e con parques e xardíns dotados cun espazo de máis de 4.000 metros, ademais dunha nova área de xogos infantís, coa máxima de respectar toda a contorna. “Entendemos que se trata dunha actuación que promove o benestar e que vai en busca da mellora e progreso que Vigo necesita”, recalcou a concelleira.
A portavoz do PP, Luisa Sánchez, incidiu en que a proposta urbanística cumpre con todos os requisitos e conta con todos os informes favorables necesarios. Os tres edís do BNG votaron en contra.