O Concello súmase ás reivindicacións do Día Mundial da concienciación sobre o autismo

martes, 2 abr 2024

A concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, participou esta mañá na Día Mundial da concienciación sobre o autismo que se celebra hoxe 2 de abril. O MARCO foi o espazo elixido pola Fundación Menela para promover unha campaña que este ano leva o lema “Autismo certa de ti”. O obxectivo é visibilizar as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) que están ao noso carón, perseguindo xerar un cambio de actitude na cidadanía que desemboque na comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas con autismo e as súas familias.

A bandeira do Pobo Xitano volverá ondear no Concello o día 8 de abril

martes, 2 abr 2024

O alcalde reuniuse na xornada de hoxe con representantes da Fundación do Secretariado Xitano, que achegaron a súa bandeira ao Concello para proporlle ao rexedor, un ano máis, que ondeara na Casa Consistorial. O día 8 celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano, unha xornada na que se reivindica o seu dereito ao recoñecemento e á igualdade. Caballero informou que a bandeira estará xunto ás institucionais o 8 de abril e que a Federación exporá o seu manifesto no próximo pleno do mes de abril.

O Concello finaliza os primeiros cursos no novo Centro de Formación e Empleo da Rúa Alta

mércores, 6 mar 2024

Máis de 80 persoas participaron na primeira edición de formación para fomentar o acceso ao mercado laboral. O novo Centro de Formación e Emprego da Rúa Alta é un centro pioneiro de fomento do emprego e de formación, que ademais supón unha obra de rehabilitación no Casco Histórico. A actuación foi cofinanciada cos fondos europeos de Desenvolvemento Urbano Sostenible e Integrado (DUSI).

As fontes de Aragón ilumínanse de verde polas Enfermidades Raras

xoves, 29 feb 2024

Este xoves, 29 de febreiro, o Concello de Vigo súmase á conmemoración do Día Internacional das Enfermidades Raras coa iluminación en cor verde das Fontes de Aragón. A xornada quere impulsar unha mobilización global que permita posicionar a realidade destas patoloxías na axenda pública e quere poñer o foco na prevención en enfermidades raras a través da investigación, o diagnóstico precoz e o acceso a tratamentos e terapias da prevención a través da investigación.