Anuncio da Oficina Municipal de Voluntariado

Captación de voluntariado para a carreira popular Vig-Bay

venres, 5 mar 2010

Dende a Oficina Municipal de Voluntariado temos a ben informar de que o próximo día 11 de abril vaise celebrar a carreira popular Vig-Bay, entre Vigo e Baiona.A organización do evento pídenos persoas voluntarias que poidan colaborar nas tarefas de organización, tales como embolsado, entrega de dorsais, acompañamento de persoas participantes, avituallamentos.

Anuncio de Mobilidade, Transporte e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Freixeiro

luns, 1 mar 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola <br /> empresa HIDROSCIVIL, estará pechada ao tráfico a rúa FREIXEIRO, treito entre A Palacios e Bxada á Igrexa, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 2 de marzo de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Anuncio de Mobilidade, Transportes e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Velázquez Moreno

venres, 26 feb 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de desmontaxe de fachada, a realizar pola empresa VIGUESA DE EDIFICACIONES, estará pechada ao tráfico a rúa VELAZQUEZ MORENO, treito entre Ronda Don Bosco e Progreso, con acceso exclusivo para garaxes, os DOMIGOS 28 de febreiro de 2010 e 07 de marzo de 2010.

Anuncio da Xerencia de Urbanismo

Aprobacion inicial do expediente de normalizacion de predios da unidade reparcelatoria nº 1 de Bouzas (expte. 11153/411)

venres, 19 feb 2010

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 2 de febreiro de 2010 acordou aprobar inicialmente o proxecto de normalización de predios da "Unidade Reparcelatoria número 1" prevista como tal no PEPRI de Bouzas, contida no proxecto redactado polos arquitectos dona Úrsula Marta Bastos Riveiro e don Gustavo A. Alvarez-Valdes Gonzalez (data visado 3.09.2009).