ANUNCIO AREA DE MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

venres, 19 feb 2010

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 9 de marzo do ano en curso.

Anuncio de Mobilidade,Transportes e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Cambeses

martes, 16 feb 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa CAMBESES e PEPECASTRO, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 17 de febreiro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico das rúas Simancas e Covadonga

mércores, 10 feb 2010

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estarán pechadas ao tráfico as rúas SIMANCAS, treito entre Cruceiro <br /> Vello e Beiramar, e COVADONGA, treito entre Alfredo Brañas, con acceso exclusivo para garaxes, <br /> dende o xoves 11 de febreiro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Anuncio Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial de Bases e Estatutos APR A-4-76 Seara

luns, 8 feb 2010

A Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2009 acordou aprobar inicialmente o Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación da Xunta de Compensación do ámbito de planeamento remitido con ordenación detallada "APR A-4-76 SEARA" do PXOM de Vigo, de acordo coa documentación presentada en datas 17.06.2009 e 21.09.2009 polos representantes legais das mercantís "VialPark, S.L.", "Gestiones Urbanísticas y de Negocios, S.L.", "Servicios Marsero Galicia, S.L." e "Bouza Alta, S.L." e cos informes técnicos que constan no Exp. nº 4934/401 da Oficina de Planeamento – Xestión da XMU.