Persoal

Contratación laboral por acumulación de tarefas de varios postos de traballo do Concello

venres, 15 mai 2009

Con data 14 de maio de 2009, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases de selección para a contratación laboral por acumulación de tarefas durante un periodo de cinco meses, prorrogables por un mes mais, de dous/dúas oficiais conductores/as, tres oficiais xardineiros/as e doce operarios/as peóns, para reforzar os traballos de limpeza e coidado dos areais da cidade e os seus accesos, con motivo da preparación da tempada de baño correspondente ao presente ano.