Mobilidade e Seguridade
venres, 22 mai 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola <br />
empresa Espina Obras Hidráulicas, estará pechada ao tráfico a rúa Venezuela, entre Arzobispo Xelmírez e Simón Bolivar, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 25 de maio de 2009, ás 10.00 horas e por un período aproximado de tres semanas.
Mobilidade e Seguridade
venres, 22 mai 2009
1º) As persoas físicas ou xurídicas que desexan facer unha fogueira e aínda non dispoñan da correspondente autorización deberán solicitala no Rexistro Xeral deste Concello, con cando menos 15 días hábiles de antelación ao evento; terán que sinalar o lugar elixido así como o nome, enderezo, teléfono e DNI dos/as responsables das organizacións ou comunidades.
Mobilidade e Seguridade
venres, 22 mai 2009
De conformidade coa Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade e das excepcións previstas na Lei 9/2001, de 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación coa protección da fauna e flora silvestre, tralas aportunas autorizacións ata o 31 de agosto, o Concello de Vigo realizará de oficio a retirada manual de niños e ovos sen eclosionar de gaivota patiamarela identificadas previamente en edificios de zonas de nova expansión da colonia urbana e, persoal autorizado especializado atenderá de xeito gratuíto aos avisos das/dos cidadáns que requiran este servizo no 010 ou no 986 281 901.
ANUNCIO DE MOBILIDADE E SEGURIDADE
mércores, 20 mai 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br />
pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Brea Muiñeira, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 21 de maio de 2009 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.<br />
Recadación Voluntaria
venres, 15 mai 2009
De acordo co art. 36.3 da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións da taxa pola recollida do lixo vivenda e exc. Unificadas industriais (EUI) do ano 2009 ata o 15 de maio do presente ano.