Normalización Lingüística
venres, 10 xul 2009
Os luns 13, 20 e 27 de xullo e 10 e 17 de agosto na praia de Samil (fronte ao Verbum) e os venres 17, 24 e 31 de xullo e 14 e 21 de agosto no Vao, terá lugar o emprazamento da ciclobiblioteca (animación á lectura, sesión conta-contos, obradoiros...), a partir das 18.30 horas.
Mobilidade, Seguridade e transportes
venres, 10 xul 2009
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do permiso municipal de condutor de autotaxi, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 29 de xullo do ano en curso.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
venres, 26 xuñ 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br />
pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Roteas de Abaixo (Coruxo), con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 29 de xuño de 2009 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres semanas.