A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asistiu á reunión constitutiva do organismo, que tivo lugar en Santiago
mércores, 21 abr 2004
Estímase que o número final de participantes que tomarán parte dende o porto de Vigo estea entre 8 e 12 barcos. Prevense actuacións relacionadas coa dotación de infraestructuras náutico-deportivas e de mellora das comunicacións terrestres cos lugares de saída, ademais de incidir na difusión mundial do acontecemento deportivo.Na actualidade, xa hai 32 equipos preinscritos, de 16 países distintos, para participar na Volta ó Mundo.
martes, 20 abr 2004
O Goberno local incrementará as prazas de atención a través da teleasistencia para tódolos maiores vigueses que viven sos e fortalecerá, con máis prazas, a axuda no fogar. Así o anunciou hoxe a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, durante a inauguración do novo centro de atención a persoas maiores "Bembrive", dependente da Xunta de Galicia. A alcaldesa destacou ademais o compromiso do Goberno de aborda-la dependencia das persoas maiores coa creación de dous centros de día que se sumarán ó que hoxe se puxo en marcha nesta residencia, e ó que se inaugurará dentro dun ano en Barreiro.
A alcaldesa e mailo delegado do consorcio asinaron hoxe o documento para a revitalización do centro de Vigo e a xestión de programas de interese xeral con vistas á celebración da Volta ó Mundo de Vela no ano 2005
luns, 19 abr 2004
O Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca desenvolverán o "Programa Vigo 2005" a través dun convenio de colaboración específico dirixido á revitalización do centro da cidade e á xestión de programas de interese xeral con vistas a saída de Vigo, en novembro de 2005, da Volta ó Mundo de Vela.
O Concello porá en marcha unha campaña para informar á cidadanía do bando da Alcaldía sobre os actos de natureza vandálica
venres, 16 abr 2004
O Goberno local está a reforzar tódalas actuacións relacionadas coa conservación do contorno urbano. Dende o mes de xaneiro, o goberno incrementou as accións dirixidas á conservación dos espacios públicos, á remodelación de zonas axardinadas, á eliminación das pintadas e carteis, ó mantemento de parques infantís, ou o arranxo de mobiliario urbano, así coma tódolos aspectos que menciona o bando sobre actos de natureza vandálica que publicou a Alcaldía. Ademais, estase a facer un importante esforzo no pavimentado e renovación de rúas e beirarrúas e, a través da Policía Local, na campaña para combate-la dobre fila.
A rexedora destaca a capacidade das empresas para crear sinerxias e asegura que a creación dun centro de I+D no parque "indica que o sector está preparado para afrontar con garantías o futuro"
xoves, 15 abr 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asegurou hoxe que o parque empresarial de Texvigo "supón unha excelente mostra de cooperación entre empresas, que crean sinerxias entre sí e fan delas empresas máis fortes". Corina Porro, que realizou estas manifestacións durante o acto de inicio das obras do futuro parque empresarial, asegurou que "nestas circunstancias, as ameazas de globalización se converten en oportunidades".
xoves, 15 abr 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, apostou porque Vigo se converta na cidade "máis integradora e acolledora" e prometeu desenvolver políticas que potencien a formación, a integración e a igualdade de oportunidades. A alcaldesa participou hoxe na ofrenda floral que o colectivo Adiquerando realiza tódolos anos para lembrar as víctimas do pobo xitano no xenocidio nazi.
A alcaldesa trasladará a proposta á comisión que desenvolve os regulamentos da Lei de Modernización das Grandes Cidades
mércores, 14 abr 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe que proporá que a Fundación Provigo se integre no Consello Social da Cidade, o máximo órgano de participación encargado, segundo a lei, da "emisión de informes, estudios e propostas en materia de desenvolvemento económico local, planificación estratéxica da cidade e grandes proxectos urbanos".
martes, 13 abr 2004
A comisión de Vía Urbana decidiu unha serie de medidas de traballo conxunto ó respecto da problemática aparellada ao fenómeno do "botellón" e coma resultado das xuntanzas mantidas nos últimos meses.
mércores, 7 abr 2004
O lema da campaña é Non sexas dummie, controla o que bebes e encádrase na celebración do Día Mundial da Saúde, centrado este ano nos accidentes de tráfico, e desenvolverase, entre outros, no Concello de Vigo
O obxectivo deste organismo, no que están representadas once institucións e empresas da cidade, é promove-lo uso racional da utilización da enerxía
xoves, 25 mar 2004
A alcaldesa, Corina Porro, asinou hoxe cos representantes de institucións e empresas o documento de constitución da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, un organismo que nace, entre outros, co obxectivo de promove-lo uso racional da utilización da enerxía, protexe-lo medio ambiente e reduci-lo impacto da polución a través da aplicación das novas tecnoloxías, informar e asesorar ós consumidores sobre as novas fontes enerxéticas ou apoiar a realización de auditorías medioambientais e a investigación de eficiencia enerxética.