xoves, 25 mar 2004
A alcaldesa, Corina Porro, presentou o galardón que premiará o labor das persoas e institucións homenaxeadas este ano como Vigueses Distinguidos e que se entregará no decurso do acto oficial que organiza o Concello o próximo sábado 27 de marzo no centro cultural Caixanova. O obsequio é unha mariña pintada polo artista vigués Rafael Freijeiro.
xoves, 25 mar 2004
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ven de asinar dous convenios de colaboración coa alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e co rexedor pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive, Benito Pérez Rodríguez, a través dos que o organismo provincial aportará un total de 2.143.077 euros para acometer diversas obras de infraestructura, equipamentos e servicios na cidade olívica.
xoves, 25 mar 2004
A alcaldesa, Corina Porro, entregou hoxe ós grupos políticos municipais varios borradores de regulamentos que establece a Lei de Modernización do Goberno Local. Os borradores son a regulación do Pleno, do Consello Social da Cidade, da Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións, dos procedementos de Participación Cidadá, da división do Municipio en Distritos, da determinación dos niveis esenciais de organización municipal e do órgano para a resolución de reclamacións económico-administrativas.
luns, 22 mar 2004
O voceiro do goberno municipal, José Manuel Figueroa, deu conta hoxe das actuación principais do actual goberno local nos primeiros cen días de xestión e manifestou que o equipo considera satisfactorio o traballo realizado neste tempo.
xoves, 18 mar 2004
A alcaldesa, Corina Porro,inaugurou hoxe a a sexta edición da Feira da Construcción que se celebra no Instituto Feiral de Vigo ata o 21 de marzo. A alcaldesa lembraba ,no discurso de inauguración, que "o Plan Xeral é unha asignatura que temos que aprobar entre todos e que é demasiado grave que Vigo atópese encorsetado, sen capacidade para crecer ó ritmo que o fan a súas empresas e servicios".
mércores, 17 mar 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, María José Cimadevila, asinaron hoxe un instrumento de colaboración para defini-las liñas de colaboración orientadas a mellora-las infraestructuras e programas de servicios sociais do municipio vigués, dirixidas especialmente ás persoas maiores.
martes, 16 mar 2004
A alcaldesa Corina Porro e o conselleiro de Medio Ambiente , Xosé Manuel Barreiro, inauguraban hoxe a exposición "Achégate ó Monte" que organiza o departamento autonómico con motivo da celebración da Semana da Arbore. A mostra, situada no Edificio Administrativo da Xunta, permanecerá aberta ó público ata 26 de marzo.
Anulase a celebración de actividade lúdicas e pechan os museos municipais<br />
venres, 12 mar 2004
Tódolos grupos políticos da Corporación decidiron suspender durante os tres días de loito oficial tódolos actos previstos. As bandeiras do Concello ondean a media asta dende onte, e o Goberno decidiu suspender as actividades lúdicas e pechar os museos municipais durante os tres días de loito.
venres, 12 mar 2004
Aínda arrepiados polo horror e a brutalidade os vigueses e as viguesas botámonos hoxe á rúa para dicir NON.
mércores, 10 mar 2004
O Concello de Vigo e máis a Consellería de Emigración ofreceranlles ós retornados e ós inmigrantes asentados na área metropolitana asesoramento xurídico e sociolaboral, e todo tipo de información e orientación específica nunha nova oficina que as dúas administracións porán en marcha na cidade.