mércores, 9 set 2009
O alcalde reuniuse esta maña co presidente do Colexio de Farmaceúticos de Pontevedra, Nicanor Floro Andrés Rodríguez, para tratar sobre un convenio de colaboración entre o Concello, Xunta de Galicia, e Colexio de Farmacéuticos. O obxectivo do mesmo sería atender a pacientes con algún tipo de dependencia e mellorar a relación farmaceútico-paciente.
venres, 4 set 2009
Abel Caballero reuníu este venres aos secretarios xerais dos tres sindicatos maioritarios para coñecer a súa postura sobre o novo hospital de Vigo. O alcalde confia en que a Xunta de Galicia cumpla o seu compromiso de licitación conxunta de proxecto e obra en 2009, e, de decidir cambios na estrutura sanitaria, o rexedor apunta a que deben contar co "amplo grao de consenso" do que goza o proxecto físico do novo hospital vigués.
xoves, 3 set 2009
Abel Caballero recibiu este xoves aos rexedores dos municipios colindantes de Nigrán e Redondela para definir o trazado da ruta xacobea pola costa. Entraría en Vigo pola estrada vella de Nigrán para baixar ata Bouzas, núcleo histórico do Camiño, para chegar a Teis e unilo con Redondela. O alcalde asegurou que encargará a expertos unha confirmación histórica desta ruta.
xoves, 3 set 2009
Abel Caballero sinalou asemade que a Concellería de Facenda está a avanzar na reforma orzamentaria para afrontar as ampliacións no caso de que a Xunta de Galicia non asuma as obras. Para abordar a financiación, o alcalde avanzou que remitiu este xoves unha carta ao Conselleiro de Educación para estudar unha ampliación que considera "urxente e necesaria".
mércores, 2 set 2009
O alcalde de Vigo presidiu este mércores a inauguración dunha nova exposición de Mostrarte 2009, desta volta a cargo do pintor Rafael Alonso, que expón nos espazos da Alcaldía parte da súa obra. O consumado artista foi recoñecido internacionalmente polas súas acuarelas, unha técnica pictórica na que rompeu moldes, ainda que tamén traballou en óleos, ilustración ou o debuxo. <br />
mércores, 2 set 2009
Abel Caballero visitou co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, os traballos de humanización que estanse a executar nas avenidas de Florida e Castrelos. Iniciadas polo anterior goberno autonómico e continuadas polo actual, estas melloras demostran para o alcalde que "os cambios de cor política non deben afectar aos bos proxectos" da cidade.
martes, 1 set 2009
O alcalde de Vigo ofreceu hoxe martes unha recepción institucional a Ryszard Schnepf, embaixador en España de Polonia, como parte da ronda de visitas que está a realizar en Vigo e en Galicia. O embaixador, que mantivo tamén un encontro con empresarios vigueses, mostrou ao alcalde o seu interese en entablar relacións comerciais entre ambos territorios.
luns, 31 ago 2009
Abel Caballero visitou este luns os traballos de mellora que estanse a realizar na rúa Toledo, finalizados nun 70%, que estará finalizada "a mediados ou finais de outubro". O investimento ascende a 650.000 euros nunha obra que emprega a 19 persoas, cinco delas procedentes das listas viguesas do desemprego, segundo indicou o alcalde. <br />
venres, 28 ago 2009
Abel Caballero visitou este venres os traballos de mellora de Urzáiz; case 3,5 millóns de euros para "unha das grandes humanizacións" da cidade que vai con adianto e estará rematada a mediados de outubro, segundo explicou o alcalde. A rúa terá dobre dirección para o tráfico, "moitos árbores e moito verde" con xardineiras en todo o tramo.
venres, 28 ago 2009
Abel Caballero acudiu hoxe venres ao Parque de Castrelos, onde a Cruz Vermella realiza durante esta semana obradoiros de verán para nenos e nenas, un "campamento de gran éxito" -reúne a uns 50 rapaces cada día- que levou ao alcalde a anunciar un convenio coa entidade para desenvolvelo nos próximos anos.