mércores, 1 set 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, reuniuse hoxe cos voceiros dos distintos grupos políticos municipais da oposición para abordar o estado dos distintos proxectos e cuestións que afectan á cidade. O Plan Xeral, os vindeiros orzamentos municipais, o convenio Vigo 2005, o auditorio Casa Mar ou o centro comercial de A Laxe foron algunhas das cuestións que se analizaron nos encontros. A alcaldesa aproveitou tamén para entregarlles aos voceiros dos grupos o estudio de viabilidade do auditorio-pazo de congresos.
luns, 30 ago 2004
Os actos de homenaxe ao poeta, propostos pola Xunta de Voceiros Municipais na súa sesión do 24 de xuño e aprobados polo Pleno da Corporación, darán comezo o martes 31 de agosto.
xoves, 26 ago 2004
A inspección de ADEAC conclúe que a praia está en perfectas condicións de limpeza e hixiene para o uso dos bañistas.
martes, 24 ago 2004
A inspección de ADEAC conclúe que a praia está en perfectas condicións de limpeza e hixiene para o uso dos bañistas.
martes, 10 ago 2004
Os rapaces, recibidos hoxe pola alcaldesa, Corina Porro, pasarán o verán acollidos por familias da cidade da man do programa "Vacacións en paz", promovido pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
xoves, 5 ago 2004
Corina Porro destacou que "o auditorio é unha equipación fundamental para as aspiracións de Vigo no liderazgo da eurorrexión e o seu desenvolvemento cultural e turístico".
martes, 27 xul 2004
O proxecto de trazado da nova autovía Vigo-Pontevedra, presentado no pazo-museo Quiñones de León pola alcaldesa e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo,contará cun presuposto de 488.63 millóns de euros e terá unha lonxitude de 48.27 kilómetros.
venres, 23 xul 2004
A alcaldesa e os presidentes destas entidades asinaron un documento para traballar conxuntamente e promover unha maior competencia e participación das empresas nas licitacións públicas.
venres, 23 xul 2004
As palabras da alcaldesa, Corina Porro, terán lugar ás 20.20 horas na recepción oficial do Día de Galicia.
mércores, 21 xul 2004
O acto terá lugar ás 20.00 horas no Pazo Museo Quiñones de León. Carlos Núñez será o encargado de redactar e ler o Bando que realiza o Concello con motivo desta festividade.