Escoitar

O alcalde pide á promotora do Barrio do Cura que tapie as vías de aceso ao asilo

Tralo incendio rexistrado na tarde onte, no que non houbo danos persoais pero no que os bomberos traballaron a reo para sofocar o lume, Abel Caballero deu instruccións neste martes a Urbanismo para que se poñan en contacto coa promotora e procedan a clausurar todas as vías de aceso ao vello inmoble de Pi y Margall.

martes, 10 ago 2010
1281445204asilo.jpg
O alcalde socialista quiso subliñar a labor de cooperación que mantén a promotora do Barrio do Cura polo que insistiu en que non se trata "dunha recriminación". "A promotora está facendo un magnífico proxecto e sabemos que de forma inmediata nos plantexarán o proceso de demolición de toda esta ruina".

Abel Caballero desexou ademáis que a "excepcional" actuación do Barrio do Cura se leve adiante no menor prazo posible" como parte "importante do futuro desta cidade", sinalou.

Rotonda de Gran Vía con Tarragona
Abel Caballero tamén destacou esta mañá que segue o proceso de axuste da rotonda da rúa Tarragona que entrou onte en funcionamento. Tal e como explicou o rexedor estase a axustar o tamaño da glorieta, as actuacións semafóricas e algún punto ónde se detectaron pequenas retencións. Aínda así o alcalde mantivo que o balance do día de onte é positivo.
Descargar todas as imaxes