venres, 13 agosto 2010

Raquel Díaz insta á Xunta a aprobar "inmediatamente" o Plan Económico Financeiro municipal

venres, 13 ago 2010

A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, reclamou hoxe venres á Xunta de Galicia que dea luz verde "inmediatamente" ao Plan Económico Financeiro municipal presentado ao goberno autonómico en xuño. A socialista pediu "celeridade" na decisión, tal e como resolveu noutras ciudades galegas, para facer posible os investimentos do Concello na cidade, como a humanización de Manuel Álvarez.

Santi Domínguez presenta en Lorient os atractivos turísticos de Vigo ante os principais turoperadores franceses

venres, 13 ago 2010

O tenente de alcade e concelleiro de Turismo de Vigo, Santi Domínguez, presentou este venres os atractivos turísticos da cidade ante os principais turoperadores franceses que se atopan na cidade francesa de Lorient con motivo da 40 edición do Festival Intercéltico. Na presentación, que se celebrou na carpa do Village de Turismo de Vigo, tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso.

Abel Caballero ordea a suspensión de licenzas no ámbito edificativo da antiga estación do tranvía de Canido

venres, 13 ago 2010

O alcalde socialista deu instruccións á Concellería de Urbanismo para iniciar o trámite de paralización de licenzas coa intención de evitar calquer intento de derriba deste edificio singular. Abel Caballero definiu o inmoble como unha parte da memoria histórica da cidade e considerou un grave erro do Plan Xeral de Ordenación Municipal o feito de que permitira a súa demolición.

O Museo de Castrelos propón para o vindeiro domingo a visita dinamizada "Landriña descobre a mitoloxía"

venres, 13 ago 2010

O Museo da Cidade Quiñones de León organiza para o vindeito 15 de agosto unha nova proposta gratuíta do programa "Domingos de Museo", centrada nesta ocasión na mitoloxía. A actividade, dirixida aos nenos e nenas e ás familias, comezará ás 11.30 horas e terá unha hora de duración. Na visita, os familiares que acompañan aos rapaces poden participar na actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador.