Escoitar
Mobilidade, transportes e seguridade

Pechada ao tráfico a rúa Aragón

<br /> <br />

venres, 13 ago 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de pavimento, a
realizar pola empresa HIDROSCIVIL, estará pechada ao tráfico a rúa ARAGÓN, treito entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 17 de agosto de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Os desvíos estarán debidamente sinalizados.O acceso ás rúas Portela, Jesús Fernández e Palencia, será polas rúas Martínez Garrido e Palencia ou Sagunto.
O acceso aos garaxes públicos da rúa Urzáiz, treito entre Extremadura e Aragón, será pola rúa
Extremadura.