Raquel Díaz insta á Xunta a aprobar "inmediatamente" o Plan Económico Financeiro municipal
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, reclamou hoxe venres á Xunta de Galicia que dea luz verde "inmediatamente" ao Plan Económico Financeiro municipal presentado ao goberno autonómico en xuño. A socialista pediu "celeridade" na decisión, tal e como resolveu noutras ciudades galegas, para facer posible os investimentos do Concello na cidade, como a humanización de Manuel Álvarez.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, reclamou hoxe venres á Xunta de Galicia luz verde ao Plan Económico Financeiro municipal presentado polo Concello en xuño.
A socialista explicou que Vigo é "o concello menos endebedado de España" e, a pesares da boa situación económica olívica, o goberno autonómico ainda non respostou ao Plan Económico Financeiro que contemplaría 27 millóns de euros máis das arcas municipais. Pola contra, a edil pediu o mesmo trato para Vigo que para outras cidades como Ourense, cuxo PEF foi validado pola Xunta en tres días.
Díaz recordou que o Concello seguíu as instruccións da Xunta de Galicia na procura da "colaboración" institucional e adaptou en Pleno o documento ao Real Decreto de austeridade do Goberno de España -que prohibe endebedarse en 2011-, pese a non ser preciso. Este trámite, realizado tamén en Ourense, posibilitou o visto bo ao Plan da cidade das burgas en tres días, namentres Vigo segue agardando case dous meses despois, segundo denunciou a concelleira.
A responsable municipal de Economía reiterou que é a obriga da Xunta de Galicia a autorización do Plan Económico Financeiro municipal para que o Concello de Vigo poida executar o seu orzamento. De feito, a ausencia de resposta causou a paralización dos traballos de humanización de Manuel Álvarez, apuntou Díaz.
Descargar todas as imaxes