Escoitar

O alcalde inaugura o novo parque infantil de Navia e urxe á Xunta á cesión dos terreos

Abel Caballero inaugurou este venres o parque valorado en 20.000 euros e adiantou que se trata dunha actuación que busca que Navia convírtase nunha auténtica cidade. Aínda así o rexedor socialista explicou que o Concello esta á espera de que a Xunta ceda os terreos deste ámbito.

venres, 13 ago 2010
1281703456navia.jpg
O parque infantil está ubicado na rúa Teixugueiras, ao carón doutras actuacións emblemáticas desta zona coma son o pavillón deportivo e o campo de fútbol, inversións municipais realizadas con cargo ao Plan Zapatero.

Tal e como explicou o rexidor olívico o obxectivo é que Navia adquira o nivel que require unha "auténtica cidade", máis aínda se se ten en conta a poboación que congregará no fututo, preto de 20.000 habitantes.

Abel Caballero insistiu tamén en que a zona na que se ubica a nova dotación infantil "é da Xunta, aínda non foi entregada ao Concello". Así afirmou que se espera esta entrega para proceder ao seu mantemento "da forma axeitada", dixo. Por elo instou a administración autonómica a "cumplir o seu contrato" e "efectuar a cesión dos terreos nas condicións axeitadas".

A pesar desta circunstancia o alcalde lle avanzou aos veciños que a vocación do goberno municipal de atender Navia "permanece" e que se lle vai a exisir á Xunta que faga de Navia "o que ten que facer". Outras das inversións previstas para esta zona, mencionadas hoxe polo alcalde, son unha biblioteca e unha piscina.
Descargar todas as imaxes