Escoitar

Urbanismo estudará o proxecto de local para a Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas

O presidente da asociación boucense, Moncho Vázquez, reuniuse na mañá deste martes co alcalde de Vigo para manifestarlle á necesidade dun novo local para gardar as embarcacións en seco. Abel Caballero trasladou o proxecto que presentado a Urbanismo para que realicen o dictame xurídico ao respecto.

martes, 10 ago 2010
1281445253embarcacnioes.jpg
Abel Caballero indicou que as necesidades de espazo desta asociación son evidentes e cualificou o proxecto presentado como "moi axeitado". Asimismo explicou que cre que é conveniente que o colectivo dispoña deste espazo que se ubicaría entre o campo de fútbol e o paseo.

"Ten un bo diseño arquitectónico", avanzou o alcalde pero "hai que ver a viabilidade"; de feito insistiu en que terá que ser acorde coa ordenación do Plan Especial do Porto de Vigo. Segundo informou o rexedor socialista unha vez que o proxecto conte co visto e prace se lle daría a licenza.

Abel Caballero amosou a colaboración total do Concello cunha asociación da que destacou a súa labor social, cultural e marítima. A Asociación adícase á construcción e mantenemento de embarcacións tradicionais traballando por evitar a perda da cultura marítima tradicional.
Descargar todas as imaxes