Escoitar

O alcalde ofece o apoio do Concello á Fundación Penzol

Abel Caballero reuníuse esta mañá cos membros da xunta directiva da Fundación Penzol, a quen lles ofreceu a "cooperación máis absoluta" para dar impulso a un organismo que conta con fondos "únicos no mundo". A Fundación está inmersa neste momento nun proceso de dixitalización e modernización.

martes, 20 xul 2010
1279645571penzolok.JPG
O alcalde de Vigo recibiu esta mañá a parte da xunta directiva da Fundación, encabezada polo seu vicepresidente primeiro, Alfonso Zulueta de Haz. A Fundación, establecida en Vigo en 1963 co obxectivo de dotar a Galicia dun centro de estudios e documentación especializado en lingua e literarutura galega, está inmersa nun proceso de dixitalización para a posta en valor dos fondos bibliográficos.

O alcalde destacou a importancia do impulso á Fundación "porque ten fondos únicos no mundo" e por elo "o Concello lles ofrece a cooperación máis absoluta". Neste sentido os directivos agradeceron ao alcalde o apoio ao mantemento das instalacións. Caballero falou tamén da importancia de que Vigo siga sendo sede de todos os fondos e aludiu á vontade de incrementar a atención e o coidado dos mesmos.

Os primeiros fondos da Fundación proceden do mecenado de Fermín F. Penzol-Labandera que durante máis de 40 reuniu documentación, libros, xornais ou revistas, entre outros, referentes á lingua e á historia de Galicia. Antes do seu falecemento fixo depositaria á Editorial Galaxia deste legado e a editora asumiu o seu mantemento.
Descargar todas as imaxes