O estudantado do CPR Losada adéntranse na historia de Vigo co programa "Aventura no Vigo Vello-Reconquista"

luns, 17 mar 2025

Abel Caballero animou aos 46 alumnos do Colexio Losada que participan este luns no programa "Aventura no Vigo Vello- Reconquista 2025" a interesase por un dos episodios máis importantes da historia da cidade, a través das explicación que reciben no programa didáctico deseñado polo Concello para visitar os lugares clave da expulsión, en 1809, das tropas francesas. Durante as 20 visitas programadas con outros tantos colexios de Vigo, preto de 1.000 nenos participarán na iniciativa didáctica.

Abel Caballero reúnese coa dirección de Bimba y Lola

venres, 14 mar 2025

Jose Manuel Martínez, CEO de Bimba y Lola e Belén Montenegro, HR director, trasladáronlle ao rexedor a súa satisfacción polo novo emprazamento da súa sede na cidade e agradeceron o apoio do Concello no traslado a estas instalacións. O alcalde puxo en valor a "magnífica" proposta de acción de cooperación cultural que fixeron e transmitiulles "o agrado" pola súa actividade. "Son unha empresa de Vigo e entenden que o ámbito cultural é parte central de identificación de empresa e cidade", recoñecendo que estas accións supoñen "traballar en favor da cidade, algo que merece o noso recoñecemento".

O estudantado do CEIP da Dobrada participa no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025"

venres, 14 mar 2025

O alcalde animou hoxe ás 43 alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria do CEIP A Doblada, que participan no programa educativo municipal "Aventura no Vigo Vello. Reconquista 2025", a achegarse ao coñecemento da historia dunha das xestas máis importantes da cidade gozando da xornada didáctica guiada polos actores que interpretan ao alcalde Vázquez Varela, ao soldado francés Pierre da Pierre e a taberneira Xoana Rial. Preto de 1.000 escolares participan nas 20 visitas didácticas programadas polo Concello con outros tanto colexios para aumentar o coñecemento da Reconquista de Vigo e dos principais escenarios onde se sucedeu a recuperación da cidade polos vigueses do dominio napoleónico.