O alcalde reclama á Xunta que active a demanda histórica das gardas de 24 horas nos xulgados de instrucción de Vigo

mércores, 11 xuñ 2025

Abel Caballero lembrou este mércores as xestións e contactos que mantivo nos últimos días co ministro de Xustiza para que a planta xudicial de Vigo conserve os 8 xulgados de instrución e sume un novo en violencia contra a muller, á vez que incidiu na reclamación á Xunta para que atenda a demanda histórica de asumir o financiamento que lle corresponde para implantar gardas de 24 horas nos xulgados.

O rexedor reúnese coa subdirectora xeral do gabinete técnico da Policía Nacional

martes, 10 xuñ 2025

No marco dunha visita de cortesía, Abel Caballero mantivo un encontro este martes con Eulalia González Peña, subdirectora xeral do gabinete técnico da Policía Nacional, acompañada de parte do seu equipo, con quen puido abordar a operatividade da Policía Nacional e a importancia da súa colaboración co corpo da Policía Local da cidade, unha cooperación que o rexedor pon en valor polo seu alcance positivo.

Inaugurada a nova humanización da rúa Teixugueiras cun investimento de 2,7 millóns

luns, 9 xuñ 2025

O alcalde inaugurou este luns a primeira fase das obras de humanización realizadas en Navia, entre a rúa Limpiño e a conexión coa estrada VG20, que conta cun investimento de 2,7 millóns de euros. Os traballos incluíron a mellora da mobilidade, dos espazos destinados aos peóns e a substitución de redes. O alcalde anunciou que a segunda fase comenzarán de forma "inmediata".