O Concello reafirma apoio municipal ao Rally Recalvi Rías Baixas que este ano recupera a subida ao Castro

xoves, 26 xuñ 2025

O alcalde reafirmou este xoves, ante a organización e participantes da 58 edición do "Rally Recalvi Rías Baixas", o apoio do Concello de Vigo a unha competición que este ano suma aos seus atractivos a recuperación da proba da subida ao monte do Castro. "Todo aquilo no que poidamos estar, imos seguir e estar", afirmou Abel Caballero sobre a carreira que terá lugar os días 3, 4 e 5 de xullo.

Vigo lanza "Vega", unha App con intelixencia artificial "aliada" contra a violencia de xénero

mércores, 25 xuñ 2025

“Vega”, a aplicación móbil contra a violencia de xénero, creada por un axente da Policía Local e outro da Policía Nacional, foi presentada este mércores polo alcalde, o delegado de Zona Franca, e a primeira tenente de alcaldía. A nova App, que aplica a intelixencia artificial, significa “un avance prodixioso” contra as situacións de perigo e para favorecer a seguridade das mulleres, segundo asegurou Abel Caballero.

O IFEVI acollerá os días 5 e 6 de xullo a terceira edición de "Kokoro Japan Expo 2025"

martes, 24 xuñ 2025

A fin de semana do sábado 5 e o domingo 6 de xullo o Instituto Feiral de Vigo acollerá a terceira edición de “Kokoro Japan Expo 2025”. Dedicado á cultura xaponesa, o manga, o anime, a gastronomía e os xogos, contará cunha extensa oferta de actividades e a presenza de invitados internacionais. O alcalde chama á participación da cidadanía de Vigo nunha exposición "moi entretida".

A Feira do Libro de Vigo, na Praza Compostela do 1 ao 7 de xullo

martes, 24 xuñ 2025

Abel Caballero puxo en valor este martes a renovada colaboración do Concello de Vigo coa Federación Galega de Libreiros para a próxima edición da “Feira do Libro” que se celebrará do 1 ao 7 de xullo na Alameda da Praza Compostela. O rexedor destacou a interacción entre os escritores e os lectores que propicia a cita cultural anual.

Caballero anuncia 10 novas obras da ampliación do orzamento por valor de 9,8 millóns

martes, 24 xuñ 2025

A ampliación do orzamento inclúe o reforzamento da estrutura da Praza do Rei para facer unha humanización de toda a praza “e poñela ao servizo da cidadanía” cun importe de 2,6 millóns de euros. Tamén o alcalde sinalou a humanización das rúas Mondariz, Soutomaior, Tomiño, Ronda de Don Bosco, Rosalía de Castro – entre República Argentina e Pontevedra –, mellora das instalacións do túnel de Beiramar, beirarrúas en Cesáreo Vázquez, o paseo da praia do Vao e a biblioteca de Teis.