mércores, 30 dec 2015
O alcalde fixo este mércores un repaso ao 2015 que termina, un "moi bo ano" no ámbito municipal no que salientou as políticas social e de emprego e a estabilidade política da cidade, que permite ao Concello ter xa un orzamento aprobado para 2016 e ter aprobado o inicio dun novo PXOM. Caballero tamén subliñou que Vigo presida a FEMP e tamén a Deputación de Pontevedra.
martes, 29 dec 2015
Abel Caballero ve con "enorme preocupación" o resultado do estudo realizado por unha entidade independente que selecciona os mellores centros hospitalarios de cada Comunidade Autónoma, no que non aparecen nin o Álvaro Cunqueiro nin o Xeral nin o hospital do Meixoeiro; só Povisa representa á sanidade viguesa.
martes, 29 dec 2015
O alcalde, que presidiu este martes a sesión do padroado da Fundación, explicou que, de cara ao novo ano, Provigo organizará unha "reflexión conxunta e colectiva da cidade" sobre catro sectores "clave" da industria viguesa: a automoción, o naval, o I+D e os servizos. O obxectivo, "a procura da mellora saída posible á crise".
venres, 18 dec 2015
O alcalde de Vigo participou esta mañá na ofrenda floral que realizou a Asociación Sindical de Representantes de Comercio aos compañeiros falecidos. Durante o acto, Caballero transmitíulles o seu recoñecemento porque "lle poñen alma e rostro á economía". Logo de agradecerlles a súa "dedicación e cercanía", participou na entrega dos diplomas e insignias de prata e ouro, en recoñecemento a súa labor profesional.
venres, 18 dec 2015
O Tribunal da Unión Europea declarou legal o sistema de bonificacións empregado polo naval vigués, o chamado tax lease, revocando a anulación decretada pola Comisión Europea. Caballero esixiu a devolución do que costou esta "decisión indebida", "estaleiro por estaleiro", pois conlevou a paralización das empresas do sector durante "anos e anos".
martes, 15 dec 2015
<br />
Abel Caballero constatou esta mañá que o aeroporto de Vigo leva máis de medio con subas ininterrompidas no tráfico de pasaxeiros. Logo de situar este ascenso en preto do 7%, o alcalde avanzou aínda maior recuperación para o ano 2016.
luns, 14 dec 2015
Este luns a Corporación viguesa, encabezada polo alcalde, concentrouse diante da casa consistorial para gardar un minuto de silencio en recordo do subinspector Jorge García Tudela e do axente Isidro Gabino San Martín, os dous policías nacionais falecidos no atentado sufrido pola Embaixada Española na capital de Afganistán, Kabul, o pasado venres pola tarde.
venres, 4 dec 2015
Caballero manterá o próximo luns as primeiras entrevistas da rolda de contactos con sectores e colectivos sociais da cidade, reunións nas que o alcalde explicará o proceder municipal para minimizar o impacto da sentencia do Tribunal Supremo contra unha resolución da Xunta que provocou a anulación do Plan Xeral vigués.
mércores, 2 dec 2015
Abel Caballero avanzou esta mañá a vontade do Concello de aceptar a proposta da Sareb de cooperar na cesión de vivendas e locais comerciais que ten esta Sociedade en Vigo. Así o explicou esta mañá, logo de reunirse co director xeral de Responsabilidade Social Corporativa da Sareb.
venres, 27 nov 2015
O alcalde valorou este venres, no acto organizado polo primeiro aniversario do seu pasamento -que se cumpre este sábado, 28 de novembro-, que "é tempo de volver renderlle tributo a unha muller que fixo da súa vida a defensa da cidade". Caballero salientou a "débeda eterna" de Vigo con Vanessa Lage e trasladoulles a todos os axentes de Policía o "inmenso respecto" da cidadanía "polo que sodes e representades". O Concello pasa a denominar como "Vanessa Lage Carreira" a ata hoxe travesía de José Antela Conde.