martes, 21 dec 2021
O concerto programado para este mércores do contratenor Joao Paulo será na Concatedral de Santa María ás 19:30 horas con entrada libre ata completar aforo.
martes, 21 dec 2021
O Consorcio da Zona Franca de Vigo celebrou un acto de posta en servizo da nova sede situada na rúa Areal, que será inaugurada de xeito oficial no mes de xaneiro, e desde a que ofrecerá espazos e actividades para a cidadanía.
luns, 20 dec 2021
Como presidente de la FEMP, en representación de todos os concellos de España, o alcalde vigués sinalará que os enfoques deben ser a vacinación e a prudencia.
venres, 17 dec 2021
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Isabel Pardo de Vera, secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, quen garantiu o proxecto do AVE directo a Vigo por Cerdedo: “non máis dúbidas”.
xoves, 16 dec 2021
O alcalde expresou en rolda de prensa a sua satisfacción polo apoio da Comisión Europea á liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto, pero considera que o horizonte 2040 é “claramente excesivo” e pide seguir no diálogo con Europa “para acurtar os prazos”.
martes, 14 dec 2021
O alcalde asistiu xunto a Carmela Silva, presidenta do ente provincial, á presentación dos calendarios competenciais 2022 para Infantil, Primaria e Secundaria que a Deputación distribúe nos centros educativos pontevedreses. Os 8.000 exemplares nos que aparecen propostas de aprendizaxe colaborativa, actividades de lecer, educación ambiental ou consumo responsable permitirán que as familias sexan partícipes do proceso educativo dos seus fillos e fillas.
martes, 14 dec 2021
Abel Caballero participou este martes no acto de imposición das identificacións dos embaixadores júnior do Programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. O centro vigués é o único en Galicia con este certificado.
luns, 13 dec 2021
O presidente da FEMP participou na I Conferencia de Cidades que Coidan, un proxecto desenvolvido co traballo de máis de 100 organizacións e expertos e liderado pola Federación e a Fundación Mémora, cuxos resultados, recollidos no Libro Branco Cidades que Coidan, foron presentados no marco dun acto inaugurado pola Presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell, Batet, o propio Abel Caballero, Santiago de Torres da Fundación Mémora e o Secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Alvarez Peralta.
xoves, 9 dec 2021
O alcalde asistiu este xoves xunto a Carmela Silva á presentación da campaña “Búscase a Talento” coa que a Deputación de Pontevedra quere que o alumnado de Primaria tome conciencia sobre a importancia do talento, por enriba dos estereotipos de sexo.
martes, 7 dec 2021
O alcalde insiste na conexión en alta velocidade Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo.