Escoitar

O Concello cambia a localización dos concertos na árbore de Nadal pola previsión de choiva

O concerto programado para este mércores do contratenor Joao Paulo será na Concatedral de Santa María ás 19:30 horas con entrada libre ata completar aforo.

martes, 21 dec 2021

Por mor da choiva o Concello modifica as actuacións previstas na árbore de Nadal para esta semana. Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, o concerto máis inmediato que ía celebrarse en Policarpo Sanz mañá, será ás 19:30 horas na Concatedral de Santa María. O contratenor Joao Paulo tamén actuará na Igrexa de Fátima o xoves ás 19:30 horas.

Caballero lamentou ter que cancelar o concerto de corais previsto para o domingo ás 19:30 na árbore luminosa. O que si se mantén é a banda de música no atrio da Igrexa de San Mauro de Matamá o domingo ás 12:30 horas.