O Concello apoiará o V Congreso Internacional Verniano no ano 2028

mércores, 15 abr 2026

O alcalde recibiu aos representantes da Sociedade Jules Verne de Vigo e amosou a súa “máxima ilusión” pola celebración na cidade do V Congreso Internacional Verniano no ano 2028, coincidindo con tres efemérides clave: o bicentenario do nacemento de Jules Verne, o sesquicentenario da súa primeira visita a Vigo e o 160 aniversario da chegada do Nautilus á ría. Caballero cualificou o evento como unha “oportunidade extraordinaria” para a proxección internacional da cidade e comprometeu a colaboración do Concello “en todo o necesario” para garantir o éxito da cita. O congreso reunirá en Vigo a especialistas internacionais na figura do escritor francés, que presentarán novos estudos sobre a súa obra e legado, consolidando a cidade como referente verniano. O alcalde destacou a relevancia de que Vigo se sume a sedes como Barcelona, A Habana, Palma de Mallorca ou Colombia, e subliñou que a cidade está preparada para acoller “un congreso excepcional” que reforzará a súa dimensión cultural e científica a nivel global.

O alcalde felicita a Freire, que celebra a botadura do seu primeiro buque para a Armada

luns, 13 abr 2026

As instalacións de Freire Shipyard acolleron este luns a cerimonia de botadura do buque “A22 Proserpina”, destinado á Armada española e que servirá como apoio á Escola Militar de buceo para realizar operacións complexas de intervención subacuática. O acto contou coa presenza de Antonio Piñeiro Sánchez, xefe do Estado Maior da Armada; Marcos Freire, director xeral de Freire e Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia. Abel Caballero celebrou este fito do “gran estaleiro” que con máis dun século de historia situado “no corazón da cidade” foi quen de “avanzar na forma de entender a construción naval e foi capaz de innovar en tecnoloxía”.

Vigo solidarizase este domingo coas personas con extremidades diferentes iluminando de turquesa as fontes de Aragón

venres, 10 abr 2026

O Concello alumeará o domingo de 12 abril de cor turquesa as fontes de Aragón con motivo da celebración do Día Internacional de Persoas con Extremidades Diferentes para visibilizar e promover a inclusión de quen ten diferenzas conxénitas ou adquiridas nas súas extremidades. Esta data busca romper barreiras, concienciar sobre a diversidade corporal e fomentar o respecto.

“Bailes en Vigo”, o sábado 11 de abril en Beade

xoves, 9 abr 2026

O alcalde convidou á cidadanía “de todo Vigo” a “asistir, bailar e pasalo ben” este sábado na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Beade, que acollerá desde as 19 horas e ata as 22 horas, unha nova sesión dos “Bailes en Vigo”, o programa municipal de lecer incluído en “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”. Con entrada gratuíta, as sesións de baile continuarán en vindeiras datas en San Miguel de Oia, Becerreira-Cabral e Lavadores.