As fontes de Aragón tínguense de verde e laranxa polo Día Nacional da Fibrose Quística

mércores, 22 abr 2026

O Concello alumea hoxe de cor verde e laranxa as fontes de Aragón con motivo da celebración do Día Nacional da Fibrose Quística, organizada para visibilizar esta enfermidade crónica e hereditaria que afecta gravemente aos sistemas respiratorio e dixestivo. A xornada busca concienciar, reclamar acceso a tratamentos innovadores e mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Abel Caballero felicita a Plexus Technologies polo seu compromiso coa mellora social

martes, 21 abr 2026

O Círculo de Empresarios de Galicia recoñeceu este martes a Plexus Technologies como a empresa máis destacada da comunidade no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa, un galardón que recolleu o seu CEO, Antonio Agrasar da man do alcalde. Caballero puxo en valor o traballo que desenvolve a empresa que ten dado soporte ao Concello nos diferentes servizos de atención ao público e tamén no desenvolvemento da intranet municipal. Destacou a "sensibilidade" de Plexus Technologies e a importancia do seu compromiso coa mellora social, económica e a sostibilidade.

O alcalde recibe a alumnado do IES Ricardo Mella que participa nun intercambio cun centro italiano

luns, 20 abr 2026

Abel Caballero saudou este luns a alumnado e profesorado do IES Ricardo Mella que participa nun programa educativo de intercambio na área do turismo sostible cun centro educativo de Turín. O rexedor deu a benvida á cidade aos estudantes italianos que están sendo guiados polos estudantes vigueses que lles dan a coñecer os puntos de interese de Vigo achegándoos ao patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico.

O Día Mundial da Hemofilia lucirá nas fontes de Aragón

venres, 17 abr 2026

As fontes de Aragón ilumínanse de vermello este venres, 17 de abril, para celebrar o Día Mundial da Hemofilia, que neste 2026 pon o foco na importancia de mellorar o diagnóstico. A hemofilia é un transtorno da coagulación do sangue que no caso da hemofilia A, afecta a 1 de cada 5.000 homes e, no caso da hemofilia B, afecta a 1 de cada 30.000 homes.

Máis de 500 escolares gozan do espectáculo “Ecoralia, a lambona ecolóxica”

mércores, 15 abr 2026

O alcalde saudou este mércores aos máis de 500 alumnas e alumnos de trece centros educativos da cidade, que asistiron no Auditorio Municipal ao espectáculo “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, unha xornada organizada polo Concello dentro da programación de normalización lingüística. A través de cancións e narracións a ritmo de rock coa súa guitarra, Pakolas achegoulles a historia da maga Ecoralia, que aborda a importancia do consumo ecolóxico para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.