O alcalde recibe ao secretario de Estado para a UE para falar da “Europa das cidades

xoves, 1 xul 2021

Abel Caballero mantivo esta tarde un encontro con Juan González-Barba, secretario de Estado para a UE para falar da “Europa das cidades”, segundo avanzou en declaracións previas o rexedor. Como presidente da FEMP e dentro da Conferencia Europea que se iniciou en Portugal, o alcalde reiterou que Vigo lidera esa “Europa das cidades con grandes proxectos que se irán coñecendo pouco a pouco”.

Castrelos acolle a celebración do Día de Europa

xoves, 1 xul 2021

Axencia Europea de Control de Pesca conmemorou a data nun acto ao que asistiron, entre outras autoridades, o alcalde, o secretario de Estado para a Unión Europea, Juan González-Barba Pera e Pascal Savouret, director executivo da Axencia Europea de Control de Pesca, no seu último acto na cidade como director da entidade. No seu discurso, Abel Caballero referiuse á pandemia e á Europa “que queremos” que é “a do Plan de Recuperación, esta forma de enfocar radicalmente as crises cando se producen, tendendo a man sabendo que xuntos e cooperando activamente seremos capaces de ter unha Europa máis solidaria, máis activa e na que a cidadanía nos vexamos reflectidos”.

O alcalde reúnese co embaixador de Arxentina en España

martes, 29 xuñ 2021

Abel Caballero mantivo un encontro este martes con Ricardo Alfonsín, embaixador de Arxentina en España, nunha entrevista que cualifica como “moi importante polo que significa Arxentina en Vigo e pola cantidade de persoas nacidas alí que forman parte da cidadanía de Vigo”. Na rolda de prensa posterior á reunión, o rexedor referiuse a Arxentina como un “gran país, amigo e irmán” e compartiu co embaixador a viaxe “entrañable” percorrendo toda Galicia que realizara co seu pai, Raúl Alfonsín, cando este era presidente da República Arxentina.

O rexedor avanza a celebración dun “gran salón” do automóbil en Vigo

martes, 29 xuñ 2021

A trixésima edición do Salón do Automóbil de Vigo desenvólvese no Ifevi dende este mércores 30 de xuño e ata o domingo 4 de xullo acollendo a presentación das novidades de máis de 30 marcas do motor. Durante a visita á montaxe do evento, o rexedor augurou un “gran salón, moi atractivo, no que coñecer os avances do sector”, na que será a “maior exposición comercial de motor de toda Galicia”. Amaia, agradeceulle aos expositores que, nestes momentos nos que estamos saíndo da pandemia, “estean presentes e sigan dinamizando a economía da cidade”.

O alcalde valora a “viabilidade” do trazado do AVE de Vigo a Madrid por Cerdedo

luns, 28 xuñ 2021

Nun acto celebrado este luns na estación Vialia, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, explicou que o estudo hidroxeolóxico recolle a “idoneidade do trazado” do AVE polo que non se prevén contraindicacións do informe de impacto ambiental. Amais, o 2 de xullo o Ministerio abre as ofertas económicas para a redacción dos proxectos construtivos da saída sur de Vigo.