Escoitar

O servizo de teleasistencia atendeu a 731 persoas de forma totalmente gratuíta

O servizo de teleasistencia do Concello facilita axuda totalmente gratuíta a 731 usuarios. Así o recalcou hoxe o alcalde ao lembrar que a maioría dos beneficiarios son mulleres que viven soas, e que en Vigo non hai lista de espera co que “todas as persoas que queren ter o servizo téñeno”.

martes, 10 set 2024

Abel Caballero explicou este martes que o Concello atende a 731 persoas a través do servizo de teleasistencia, ao que o orzamento municipal destina en 2024 un total de 150.000 euros. O grupo máis numeroso de beneficiarios son mulleres de entre 86 e 95 anos que viven soas.

O rexedor apuntou que a administración municipal garante a axuda durante todo o ano, xa que se realizan chamadas todas as semanas ás usuarias para realizar un seguimento sobre a situación en que se atopan, e respóndense ás solicitudes de apoio que realizan as rexistradas ao servizo municipal.

O servizo de teleasistencia de Vigo tamén garante atención ante un ingreso hospitalarios, así como o seguimento de forma correcta dos seus tratamentos médicos e axuda despois dunha incidencia, entre outros apoios.

Caballero incidiu en que o servizo de teleasistencia é totalmente gratuíto. “Todos os usuarios reciben atención de forma gratuíta, porque temos unha subvención de 150.000 euros ao ano. É contrasta coa Xunta, que cobra”.

Descargar todas as imaxes