luns, 9 set 2024
Abel Caballero despediu esta mañá no aeroporto de Vigo a unha parte dos sesenta estudantes que hoxe emprenderon a súa viaxe de inmersión lingüística ao Reino Unido. Os destinos nos que estes alumnos e alumnas vivirán nas próximas tres semanas son Devon, Swords e máis Eastbourne. O número de estudantes que xa goza da súa bolsa de idiomas é de 169 ata o de agora.
luns, 9 set 2024
A Xunta de Goberno Local aprobou aprobar e reformar e mellorar 14 pistas deportivas de Vigo. Tamén xa ten luz verde a humanización da rúa Roupeiro en Matamá.
luns, 9 set 2024
Abel Caballero destacou que en Vigo "conseguimos reactivar o turismo como nos propuxemos de obxectivo". A primeira fin de semana de setembro situouse a cifra de ocupación hoteleira nun 89,2%, un exemplo da "economía en pleno funcionamento" coa cidade "chea de visitantes en hoteis, cafeterías e restaurantes". A cidade conta "cunha elevada desestacionalización", como indicou o rexedor, sinalando que "convertemos o Nadal na época de máxima ocupación.
luns, 9 set 2024
O Grupo Socialista aprobou a súa moción na que esixen responsabilidades políticas pola actuación do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o actual, Alfonso Rueda, así como os responsables de Sanidade na data da toma de decisión da alternativa de construción e explotación do Hospital Álvaro Cunqueiro, “por haber incorrido en sobre en sobrecustos de 470 millóns de euros no contrato de construción e explotación”.
luns, 9 set 2024
O Grupo Socialista lamentou a eliminación da bonificación por medidas de reciclaxe e o incremento do canon en 4,3 millóns de euros.
luns, 9 set 2024
O goberno municipal de Vigo pechou o primeiro semestre de 2024 executando pagos que superan o 50 por cento dos 370 millóns do orzamento municipal . Así o detallou hoxe ao pleno da Corporación local o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, tras aprobar a conta xeral do Concello e da Xerencia de Urbanismo de 2023, con 290 millóns de euros en pagos.