Escoitar

O Concello adica 209.000€ ás melloras do ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez

“Trátase dun ascensor que ten avarías frecuentes polo nivel de utilización que ten e porque conta con pezas diferentes”, aclarou o rexedor vigués.

venres, 6 set 2024

Abel Caballero informou esta mañá da aprobación en Xunta de Goberno da contratación do proxecto de mellora do ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Menéndez Pelayo e Camelias á altura do número 46. Contará cun importe de 209.000€.

“Trátase dun ascensor que ten avarías frecuentes polo nivel de utilización que ten e porque conta con pezas diferentes”, aclarou o rexedor vigués, sinalando ademais que “ten un acceso moi complexo para as reparacións”. Realizarase unha reforma que, entre outras cousas, ampliará o acceso á sala de máquinas, o foso e ao oco de acceso para realizar a inspección do ascensor, así como melloras de iluminación e instalación dunha varanda.

Descargar todas as imaxes