Escoitar

O alcalde salienta a "coincidencia prácticamente absoluta" cos usuarios do Porto de Vigo nos proxectos portuarios

Abel Caballero reuníuse coa nova directiva da Federación de Usuarios do Porto de Vigo, "dirixentes cos que comparto o grande proxecto do Porto de Vigo desde a sintonía absoluta". O alcalde transmitiulles que "non asumimos ningún deterioro do área pesqueira do Berbés" e amosaronse tamén de acordo na peonización do Berbés cun túnel que resolvería os accesos portuarios en todas direccións. Ademais, o Concello estudará alternativas á eliminación do tráfico pesado de Sanjurjo Badía.

venres, 2 xul 2010
1278076616fupv.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu este venres á nova diretiva da Federación de Usuarios do Porto de Vigo, coa que mantén unha "coincidencia prácticamente absoluta", "dirixentes cos que comparto o grande proxecto do Porto de Vigo desde a sintonía absoluta".

Caballero explicou que a reunión tratou principalmente tres cuestións, o proxecto de ampliación do Berbés plantexado polo grupo municipal do BNG, a ampliación do túnel de Beiramar e as alternativas á eliminación do tráfico pesado de Sanjurjo Badía, en Teis.

Na primeira cuestión, o alcalde recordou que, como xa quedou patente no pasado Pleno da Corporación, "non asumimos ningún deterioro do área pesqueira do Berbés" xa que non ten "xustificación urbana". A proposta do BNG pasaba por abrir a praza ao mar retirando as naves, opción que o alcalde non fai propia e recordou que o Plan Nouvel -impulsado por Caballero na súa etapa ao fronte da Autoridade Portuaria e consensuado cos axentes portuarios- contemplaba a unión da cidade por Cánovas del Castillo e non polo Berbés.

O segundo tema abordado tamén arroxa sintonía, pois o alcalde manifestou o acordo da Federación en facer peonil a superficie do Berbés coa ampliación do túnel ata a rúa Coruña. Os enxeñeiros están en disposición, apuntou o socialista, de resolver técnicamente os accesos portuarios en todas direccións sen perder "nin un centímetro" para o Porto. Esta solución supón unha "mellora substancial" tanto para o Porto como para a cidade.

No tocante ao tráfico de Sanjurjo Badía, Abel Caballero explicou que a conversión de Sanjurjo Badía en vía urbana coa humanización recentemente rematada conleva a eliminación do transporte pesado. A Federación plantexou dúas opcións que serán estudadas conxuntamente co concelleiro de Mobilidade e Transporte, Xulio Calviño.

Os usuarios propuxeron que a cidade asuma a parte da autopista desde a Avenida de Buenos Aires ata o centro ou que se elimine a peaxe ata Redondela. O alcalde comprometeuse a estudar ambas opcións, en particular a primeira delas.
Descargar todas as imaxes