Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao trafico da rúa Cañiza e a rúa Casás

<br />

venres, 2 xul 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación do colector de saneamento, a realizar pola empresa Conslar, estará pechada ao tráfico a rúa Cañiza, con acceso
exclusivo para garaxes, dende o luns 5 de xullo de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar pola empresa Espina Obras Hidraúlicas, estará pechada ao tráfico a rúa Casás, con acceso exclusivo para garaxes, o mércores 7 de xullo de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.