Santi Domínguez afirma que a mostra "O galego noutros mundos" amosa a dimensión internacional da nosa lingua
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres no museo Verbum a exposición "O galego noutros mundos", que se poderá ver ata o 31 de agosto, en horario de 10 a 21 horas. No acto destacou que a mostra pon de manifesto a "dimensión aberta e internacional da nosa lingua", xa que permite a comunicación con máis de 250 millóns de persoas de todo o mundo
"A exposición mostra a validez, utilidade e vixencia da nosa lingua como ferramenta de comunicación, alén das nosas fronteiras", destacou o nacionalista. Na inauguración tamén participaron a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e os edís de Cultura, Xesus López, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez.
A mostra está integrada por 13 paneis que repasan as diferentes realidades que evidencian a proxección internacional do galego. Os visitantes poden descobrir que escritores como Federico García Lorca, a norteamericana Anne Marie Morris ou o inglés John Rutherford escribiron en galego. "Estes son só algúns exemplos que poñen de manifesto que o galego é unha lingua viva, moderna, cosmopolita e universal", comentou Santi Domínguez ao respecto.
Segundo o tenente de alcalde, a exposición tamén pon de manifesto que no mundo actual, caracterizado pola globalización, "ter unha identidade propia é un valor, un elemento que nos singulariza e que cómpre poñer en valor".
Descargar todas as imaxes