Parten cara Viana as embarcacións que participarán na ruta marítima xacobea<br />
Unhas 15 embarcacións partiron hoxe pola mañán desde Vigo cara a Viana do Castelo, onde dará comenzo o percorrido da nova ruta marítima que organiza o Liceo Marítimo de Bouzas en colaboración co Concello vigués. Desde Portugal participarán preto de 25 embarcacións que zarparán o domingo en dirección a Bouzas
Arredor de 15 embarcacións partiron hoxe pola mañán desde Vigo cara a Viana do Castelo para participar na I ruta marítima xacobea "O Cabaleiro das Cunchas", organizada polo Liceo Marítimo de Bouzas en colaboración co Concello de Vigo.
A estas 15 embarcacións que chegarán hoxe a Viana para permanecer alí ata o domingo, sumaránse outras 25 de Portugal para zapar xa o domingo en dirección a Bouzas, a Illa de San Simón, Combarro e Vilagarcía de Arousa, ónde chegarán o 7 de xullo. O 8 de xullo completarase noutro medio de transporte a peregrinación ata Santiago de Compostela.
Deste xeito se da luz verde a un novo camiño, novidoso e que nace con vocación de convertirse en tradición xacobea e nun dos emblemas de Galicia. De feito, esta nova opción no ano Xacobeo supón a recuperación do primeiro camiño de Santiago, o que completou o Apóstolo, segundo reza a lenda, á súa chegada a Compostela.
Descargar todas as imaxes