Escoitar

Abel Caballero inaugura dous novos proxectos expositivos na sala BBVA de Vigo

A cidade conta desde onte cun novo espazo de exposicións aberto ao público xeral e con entrada gratuita. O alcalde salientou a concentración de oferta cultural na zona que denominou a "milla de ouro da cultura" e amosou a súa satisfacción pola apertura desta nova fiestra ao arte.

venres, 2 xul 2010
1278076541bbva.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo director Territorial Noroeste de BBVA, Carmelo Beltrán, inaugurou onte dous proxectos expositivos na sala BBVA de Vigo, enmarcados no Xacobeo 2010 en Galicia. Trátase de dúas exposicións intinerantes que coinciden co desenvolvemento da XXV edición da ruta Quetzal BBVA, que se atopa en México desde o 17 de xuño e que chegará a Galicia o día 20 deste mes.

O alcalde de Vigo saludou con agrado a apertura deste novo espazo expositivo que se ven a sumar ao xa existente na zona. Referíuse así á concentración de oferta cultural nesta zona que denominou "milla de ouro da cultura" e amosou a súa satisfacción pola novas posibilidades que se brindan aos visitantes

A primeira das mostras, "La colección de billetes BBVA, 1798-2000", ilustra os casi 100 anos de historia na comunidade galega do grupo de bancos que hoxe conforman o BBVA. Nela reúnense unha gran variedade de obxectos de oficina, documentos, fotografías e unha selección de billetes de BBVA que abarca desde o século XVIII ata os nosos días. Vigo é o cuarto destino desta mostra itinerante despóis das realizadas na Coruña, Ferrol e Santiago sendo Pontevedra, Lugo e Ourense as súas vindeiras paradas.

A exposición "Momentos da ruta Quetzal", organizada por BBVA, ilustra a tarvés de 22 fotografías as vivencias dos participantes neste programa, creado por Miguel de la Quadra Salcedo e dirixido a xóvenes de 16 e 17 anos. O percorrido pretende transmitir aos visitantes algúns dos momentos máis representativos da ruta ao seu paso por México, Panamá, España e Chila baixo o prisma do fotógrafo Ángel Colina, un fotoperiodista cunha longa traxectoria que colaborou en 10 edicións desta ruta.

Este ano a ruta esta percorrendo desde o 17 de xuño os Caminos Blancos Maias, nunha edición que conmemora os 25 anos de expedicións e que se une as celebracións do Bicentenario de México. En España os roteiros visitarán a partir do 7 de xullo cidades coma Madrid, Segovia, Ávila e Cádiz e partirán despóis cara Lisboa. Desde alí se embarcarán nun buque da Armada rumbo a Galicia e realizarán un tramo do camiño de Santiago desde Padrón.

Descargar todas as imaxes