O luns comeza o novo campamento da programación de Tenencia e Xuventude "Verán de expedición en Vicus"
O vindeiro luns, 5 de xullo, comezará unha das novidades do programa Verán Xove 2010, o campamento "Verán de expedición en Vicus". Esta actividade está dirixida a nenos e nenas entre 8 e 12 anos e nela os rapaces e rapazas participantes poderán coñecer a historia de Vigo mediante percorridos polas diferentes zonas históricas da cidade.
Ademais de ser unha oferta para o lecer dos nenos e nenas, está enfocado como unha grande expedición e aventura dentro da cidade de Vigo. Seguindo as diferentes etapas históricas, os nenos e nenas coñecerán a época castrexa, mediante unha visita teatralizada ao Castro realizada polos mesmos monitores e monitoras, na que tratarán de involucrar a todos os participantes.
Ao día seguinte, os rapaces e rapazas realizarán actividades relacionadas coa visita e farán un bolo de pan, un taller de barro tradicional e tinguidura de camisetas. Seguindo a orde cronolóxica, nos seguintes días están programadas visitas teatralizadas ás Salinas e a finca Mirambel, nas que se procurará que os nenos e nenas teñan un participación directa.
Para ilustrar a época medieval realizarase unha visita ao Berbés, e no Centro de Artesanía Tradicional participarase nun taller de cestería. A continuación os nenos e nenas realizarán un grande xogo de pistas ao redor da Praza da Constitución, involucrando na actividade aos comerciantes do barrio. Como complemento ao programa, tamén está previstas unha visita e un paseo en embarcacións tradicionais en Bouzas, unha xincana medieval e xogos con globos de auga, entre outras actividades.
Este campamento desenvolverase en horario de 8 a 15 horas en dúas quendas, a primeira do 5 ao 16 de xullo e a segunda do 19 ao 30 de xullo. Aínda quedan algunhas prazas dispoñibles, polo que as persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Xuventude (r/ López Mora, 31) ou no teléfono 986 294 806.