Escoitar

O Goberno municipal protexerá os restos arqueolóxicos da rúa da Laxe

Abel Caballero visitou está mañá as obras que se están a realizar na zona onde a pasada semana apareceron restos arqueolóxicos da antigua muralla da cidade.

venres, 24 abr 2026

Duante a visita, o alcalde lembrou que o Concello protexerá os vestixios históricos. Segundo indicou trátase "dunha pequena parte da muralla de defensa da cidade na zona baixa, que era a zona que case directamente daba o mar”. Tal e como lembrou, trátase dun pequeno tramo dun metro de lonxitude e 1,50 metros de ancho. “Arqueoloxicamente ten moito interese porque nos vai permitir situar con toda precisión onde estaba a muralla de defensa da cidade”, sinalou Caballero. Este achado permitirá realizar unha cartografía histórica de Vigo "con singular precisión”. O alcalde sinalou tamén que “imos protexer todos estes vestixios seguindo a recomendación que nos dean os arqueólogos”.

Descargar todas as imaxes